viernes, 15 de marzo de 2019

Beneficios da lectura

Despois de numerosas entradas sobre libros, penso que é preciso un artigo sobre os beneficios que ten a lectura.

1.- Primeiro, e o que pouca xente sabe, é que incrementa a capacidade de concentración, xa que cando les un libro tes que concentrarte no que estas lendo para comprender adoitadamente a historia.

2.- Coñecemento de novas palabras.

3.- Estimula a empatía, xa que os lectores se identifican coas personaxes dos libros que len e métense en mundos onde xamais pensaron que estarían, xa sexan reais ou fantásticos.

4.- O feito de ler moito axudaranos á hora de facer exposicións orais ou de expresarnos en público, e non só nos axudará a escribir textos máis literarios.

5.- Para os estudantes, a lectura é un gran adestramento para os exames de comprensión lectora, e para as demais persoas o mesmo! Todo o mundo precisa entender os textos e esa é a oportunidade que nos brinda a lectura.



Resultado de imagen de beneficios de la lectura
Hay moitos máis beneficios da lectura, pero creo que nomear eses cinco será suficiente para comprobar que ler é algo moi importante nas nosas vidas e que todos deberiamos ler algo, por pouco que fose.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Os Alicerces da Terra - Ken Follett

Nos Alicerces da Terra, Ken Follet transpórtanos á Idade Media e cóntanos a historia dunha familia liderada por un mestre construtor chamado...