sábado, 15 de junio de 2019

Os Alicerces da Terra - Ken Follett

Resultado de imagen de los pilares de la tierraNos Alicerces da Terra, Ken Follet transpórtanos á Idade Media e cóntanos a historia dunha familia liderada por un mestre construtor chamado Tom, cuxo soño é construír unha catedral e para iso viaxa de pobo en pobo, buscando cumprir o soño de toda a súa vida.
A historia abarca uns cuantos anos, durante os cales a familia do construtor se verá atrapada no medio dunha loita de poderes entre cardeais, reis e nobres provocada pola morte do rei de Inglaterra; que farán o imposible por impedir que se constrúa a catedral.

Esta novela histórica pode resultar dura de ler se non che gustan este tipo de libros, pero igualmente ten unha historia impresionante que atrapará de principio a fin a calquera se se anime a leela, e ainda que nalgún momento comence a narrar a construcción da Iglesia, rapidamente volve á historia e te mantén pegado ás páxinas do libro.
É un libro largo pero que se disfruta lendo, e cando estas chegando ao final dá pena seguir lendo por medo a terminar unha historia tan apasionante, para min é un dos mellores libros que lin nunca.

Ken Follett naceu en Cardiff, mais aos dez anos a súa familia trasladouse a Londres. En 1967 foi admitido no University College of London, onde estudou Filosofía e entrou en contacto con movementos de esquerdas, espertándose así o seu interese pola política.
Resultado de imagen de ken follettCasou por primeira vez en 1968, ano en que naceu o seu fillo maior. Tras un posgrao en xornalismo comezou a súa carreira como reporteiro en modestos xornais galeses. Co tempo abandonaría o xornalismo polo mundo da edición, como director da pequena editorial londinense Everest Books (1970).
Foi neste momento cando comezou a escribir, como unha afección para o seu tempo de lecer. Con Eye of the needle, publicada en 1978 chegaría para o autor o éxito e o recoñecemento internacional.
Sería tamén nestes derradeiros anos da década dos 70, e nos primeiros 80, cando se uniu de xeito máis estreito co Partido Laborista británico. A súa segunda muller é hoxe deputada desta formación no parlamento británico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Os Alicerces da Terra - Ken Follett

Nos Alicerces da Terra, Ken Follet transpórtanos á Idade Media e cóntanos a historia dunha familia liderada por un mestre construtor chamado...