Onte, 14 de febreiro, foi o día dos namorados, e por iso, hoxe falarei sobre un libro cunha fermosa historia de amor: Baixo a mesma estrela.
Segue a vida de Hazel Grace Lancaster, unha adolescente que padece cáncer de pulmón e que un día se namora de Augustus Waters, un rapaz que había anos, fora diagnosticado de osteosarcoma e iso causoulle a perda da súa perna izquierda. Os dous rapaces se fan amigos e como aos dous lles gusta ler, van entablando una amizade máis forte que se acabará convertindo en algo máis, que vai cargado con moitísimas sorpresas para Hazel, xa que Augustus, cando decide ler o libro favorito de Hazel (cabe dicir, que ela tamén le o libro favorito de Augustus), planea un viaxe a Ámsterdam para visitar a Peter Van Houten, que é o autor do libro favorito da rapaza, e aínda que foi con moi boa intención, non terminou da maneira que desexaron.
É de dicir, que este foi o primeiro de moitos libros que me fixeron pasar das lágrimas ás gargalladas en cuestión de segundos, xa que é unha historia fermosa que ainda que a moitos lles pareza que trata o tema do cáncer, realmente é unha novela de amor entre adolescentes, mostrándonos como estes dous rapaces viven a vida con esperanza e humor pese á súa situación.
Ben pode parecer a típica historia chea de estereotipos como o son moitas historias de amor, pero non é o caso, pero eso xa o descubriredes se ledes o libro.
Ao igual que diverxente, tamén conta cunha película, e aquí tedes o trailer:
John Green Naceu en Indianápolis en 1977 e se graduou en lingua e literatura inglesas e teoloxía no Kenyon College. Tras iniciar a súa carreira no mundo editorial como crítico e editor, foi galardoado co Premio de honor Printz e o Premio Edgar polas súas diversas novelas para o público xuvenil. Tamén foi finalista do Book Prize do LA Times. Xunto ao seu irmán, fundou o Vlogbrothers, un dos proxectos de vídeo online máis populares do mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario