viernes, 17 de mayo de 2019

Día das Letras Galegas 2019

Resultado de imagen de dia das letras galegas


Resultado de imagen de rosalia de castro cantares gallegosO 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas.
Foi escollido este día pola publicación "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro, que ainda que non se sabe a data exacta da súa publicación, Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, que son tres membros da Real Academia Galega, escolleron este día pola dedicatoria autógrafa de Rosalia de Castro a Cecilia Böhl de Faber. A festa tivo tan boa acollida que cada ano se lle adica este día a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que ten que pasar dez ou máis anos dende o seu falecemento.


Resultado de imagen de dia das letras galegas
Este ano, adicouselle a Antón Fraguas, que naceu en Cotobade o 28 de decembro de 1905. Fundou en 1923 a Sociedade da Lingua para defender o galego e facer un diccionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia, entre outros de gran importancia en Galicia. Tivo numerosos recoñecementos en vida e o 7 de xullo de 2018, a Real Academia escolleuno para ser o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019, coincidindo co vixésimo aniversario da súa morte, xa que morreu o 28 de decembro de 1999 en Santiago de Compostela.


1 comentario:

Os Alicerces da Terra - Ken Follett

Nos Alicerces da Terra, Ken Follet transpórtanos á Idade Media e cóntanos a historia dunha familia liderada por un mestre construtor chamado...