
Por causa dunha misión, os pais da nena vense obrigados a deixala nun orfanato de Australia, e Timantti experimentará cousas novas que nunca antes sentira, como o amor, e grazas á súa compañeira de habitación tamén aprenderá moitas cousas.
Todo transcurre ben nos primeiros días, pero chega un punto no que hai algo fora do común nese orfanato, e Timantti, ou Daniela que é o seu novo nome durante a súa estancia alí, non tardou en darse conta e comezar a indagar para descubrir a verdade, unha verdade que carrea un gran xiro na súa vida, e a decisión de afrontar este cambio quedará nas mans de Timantti.
Debo dicir, que pese a que este libro foi escrito por unha rapaza que destaca polo seu contenido en YouTube, non son seguidora súa e lin este libro porque a trama interesoume, así que a miña opinión non será positiva por ese motivo, pero o certo é que a mín encantoume o libro, ten unha boa historia que de primeiras non parece ser nin a metade de entretida do que verdadeiramente é. Recomendo o libro a todas aquelas persoas que lles guste o amor, o misterio, ou simplemente lles guste pararse a reflexionar sobre a vida, xa que o libro ten moitísimas frases que se as pensamos ben, teñen máis do aparente significado no medio de tantas outras frases. Se cadra, o final non foi como me houbese gustado, xa que houbo capítulos que considerei innecesarios, pero a pesar diso é moi boa historia e de feito animoume a seguir lendo libros desta rapaza.

Foi acompañada da súa creatividade dende moi cativa e as súas ansias por crear empuxárona a encher centos de libretas con historias extraordinarias. Aos dez anos Rebeca abríu o seu primeiro canal de YouTube, que conta con 600.000 seguidores cando publica este libro.
Rebeca Stones considérase amante de todas as artes, pero a súa favorita sen dúbidas a sétima.
Tras cinco anos nunha escola de teatro e despois da súa primeira experiencia como actriz en Dalia, a modista, o seu gran sono é traballar na gran pantalla, pero por riba de todo desexa ser feliz, sonreír ante as adversidades e disfrutar deste marabilloso mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario