jueves, 31 de enero de 2019

Diverxente - Veronica Roth

Diverxente narra a historia dun mundo onde a sociedade está dividida en cinco faccións: Abnegación, Cordialidade, Erudición, Osadía e Verdade.
Resultado de imagen de divergent bookUnha vez ao ano, os rapaces que cumpren 16 anos enfróntanse á cerimonia de elección, onde deben escoller continuar na facción da súa familia ou separarse dela para sempre, pero para iso, realizan unha proba que lles dirá en qué facció estarían mellor.. Este é o caso de Beatrice Prior, que ao facer a proba, o resultado dille que é unha Diverxente, que son aquelas persoas que son boas para máis dunha facción, e por iso son consideradas ameazas para a sociedade e son perseguidas, así que a muller que lle fai o exame decide marcar que o seu resultado foi Abnegación, para protexela. Unha vez chega á cerimonia de elección, pensa que non é o suficientemente altruista para continuar coa súa familia en Abnegación, e por iso escolle Osadía, unha opción que ás veces desexará non haber escollido e outras estará moi contenta da súa elección.
O libro narra as probas que debe pasar Beatrice para non convertirse nunha abandonada, que son aqueles que non son queridos en ningunha facción, que erran as probas iniciais ou que abandonan unha facción, e considérase que ser abandonado é peor cá propia morte.
Nesta nova facción, Tris, que é o novo nome da nosa protagonista, namorarase, fará novos amigos, inimigos e enfrontarase á morte dalgunhas persoas cercanas a ela.

Unha vez xa resumín dunha maneira breve e sen todos os detalles de qué consta este libro, creo que sería bo comentar que a min pareceume unha historia apasionante, con numerosos xiros na trama e situacións con desenlaces inesperados que farán que non despegues a vista das liñas de palabras que se desenvolven ao longo de máis de 450 follas. Esta non é a típica historia na que as primeiras páxinas se fan difíciles de ler, a pesar de que a historia comeza dunha forma máis lenta e vai mellorando conforme avanzamos nas páxinas, e ademáis, está moi ben narrado na miña opinión. Pero non todo é bonito, xa que tamén consta dalgúns clichés moi comúns e o final aberto provoca que teñamos moitas dúbidas sen responder.
Cabe destacar unha vez mencionado todo o anterior, que os personaxes teñen unhas características moi reais e iso, no meu caso, provocoume unha tensión constante, xa que me poñía no papel da nosa queridísima protagonista.
Non podería dicir se Diverxente é mellor ca Os xogos da fame, a pesar de que moita xente o afirme e outra moita o negue rotundamente, xa que para mín ambas as dúas triloxías son fantásticas, así que supoño que deixarei esa decisión nas bosas mans.

Este libro tamén conta cunha moi boa película, aquí tedes o trailer:



Como a maioría das películas basadas en libros, dista un pouco da historia inicial, pero non quita que sea un gran filme e represente realmente ben a historia que Veronica Roth nos deixou marcada.

Resultado de imagen de veronica rothVeronica Roth, a escritora desta fantástica triloxía, naceu en Nova Iorque o 19 de agosto de 1988 e xa dende pequena mostrou unha gran pasión pola literatura. Lía e escribía historias no seu tempo libre e unha vez rematou os estudos, a súa familia deulle a idea de estudar na Universidade Northwestern a carreira de Escritura Creativa, e ela, facéndolle caso aos seus pais, conseguíu graduarse e foi licenciada en dita carreira e grazas a iso, inspirouse para escribíu o seu primeiro libro: Diverxente, o cal cabe destacar que comezou a escribir xa cando estaba na Universidade e unha vez saíu puido dedicarlle máis tempo. O libro foi publicado o 3 de maio de 2011 e cinsta de 463 páxinas en total, que pese a súa lonxitude da historia non pasou inadvertido en máis de 155 países e converteuse nun libro de éxito mundial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Os Alicerces da Terra - Ken Follett

Nos Alicerces da Terra, Ken Follet transpórtanos á Idade Media e cóntanos a historia dunha familia liderada por un mestre construtor chamado...