Nos Alicerces da Terra, Ken Follet transpórtanos á Idade Media e cóntanos a historia dunha familia liderada por un mestre construtor chamado Tom, cuxo soño é construír unha catedral e para iso viaxa de pobo en pobo, buscando cumprir o soño de toda a súa vida.
A historia abarca uns cuantos anos, durante os cales a familia do construtor se verá atrapada no medio dunha loita de poderes entre cardeais, reis e nobres provocada pola morte do rei de Inglaterra; que farán o imposible por impedir que se constrúa a catedral.
Esta novela histórica pode resultar dura de ler se non che gustan este tipo de libros, pero igualmente ten unha historia impresionante que atrapará de principio a fin a calquera se se anime a leela, e ainda que nalgún momento comence a narrar a construcción da Iglesia, rapidamente volve á historia e te mantén pegado ás páxinas do libro.
É un libro largo pero que se disfruta lendo, e cando estas chegando ao final dá pena seguir lendo por medo a terminar unha historia tan apasionante, para min é un dos mellores libros que lin nunca.
Ken Follett naceu en Cardiff, mais aos dez anos a súa familia trasladouse a Londres. En 1967 foi admitido no University College of London, onde estudou Filosofía e entrou en contacto con movementos de esquerdas, espertándose así o seu interese pola política. Casou por primeira vez en 1968, ano en que naceu o seu fillo maior. Tras un posgrao en xornalismo comezou a súa carreira como reporteiro en modestos xornais galeses. Co tempo abandonaría o xornalismo polo mundo da edición, como director da pequena editorial londinense Everest Books (1970).
Foi neste momento cando comezou a escribir, como unha afección para o seu tempo de lecer. Con Eye of the needle, publicada en 1978 chegaría para o autor o éxito e o recoñecemento internacional.
Sería tamén nestes derradeiros anos da década dos 70, e nos primeiros 80, cando se uniu de xeito máis estreito co Partido Laborista británico. A súa segunda muller é hoxe deputada desta formación no parlamento británico.
O 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas.
Foi escollido este día pola publicación "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro, que ainda que non se sabe a data exacta da súa publicación, Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, que son tres membros da Real Academia Galega, escolleron este día pola dedicatoria autógrafa de Rosalia de Castro a Cecilia Böhl de Faber. A festa tivo tan boa acollida que cada ano se lle adica este día a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que ten que pasar dez ou máis anos dende o seu falecemento.
Este ano, adicouselle a Antón Fraguas, que naceu en Cotobade o 28 de decembro de 1905. Fundou en 1923 a Sociedade da Lingua para defender o galego e facer un diccionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia, entre outros de gran importancia en Galicia. Tivo numerosos recoñecementos en vida e o 7 de xullo de 2018, a Real Academia escolleuno para ser o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019, coincidindo co vixésimo aniversario da súa morte, xa que morreu o 28 de decembro de 1999 en Santiago de Compostela.
Leer é algo xenial, pero ao que pouca xente se aficiona xa sexa por falta de espazo, tempo ou silencio, pero ler un pequeno texto cada día, aínda que resulte insignificante, fará que pouco a pouco queramos adentrarnos máis neste mundo.
Aquí tedes algúns consellos para disfrutar da lectura:
1.- Ler libros con temas de interese persoal, non comezar lendo un libro por obligación, xa que se non nos gusta a historia que conta, é natural que non a rematemos e non volvamos a abrir un libro.
2.- Ter un lugar para ler, pode ser un parque, o xardín de casa, ou calquer outro sitio. No caso de non dispoñer de suficiente tempo para adicarlle á lectura, sempre poderemos empregar o tempo que pasamos no autobús para ler pequenos fragmentos.
3.- Ler poesía non é tan aburrido como se pensa, xa que é unha forma de aprender cousas e reflexionar sobre o que lemos, e en menos tempo que unha novela debido á súa curta duración.
4.- Facerte membro da biblioteca, se hai escaseza económica, será unha gran axuda ser socio da biblioteca de onde vivas para poder seguir disfrutando.
5.- Ter un diccionario sempre ao lado serviranos para aprender o vocabulario que se agocha entre tantas páxinas que compoñen un libro e que non comprendemos.
6.- Non te sintas obrigado a rematar un libro polo simple feito de gastar os cartos nel, sempre podes ler outra cousa se non che gusta!
7.- Non teñas presa por rematar un libro, se les un libro rapidamente, e a continuación repítelo con máis calma, daraste conta de detalles pequenos ou non tan pequenos que antes pasaras por alto, e que quizáis lle den un gran xiro á trama.
8.- Se o que necesitas é rapidez á hora de ler, tratar de non seguir cun dedo ou un obxecto por onde vas lendo, non mover os labios cando les para ti ou tratar de non repetir o que les na túa cabeza axudarache a ler moito máis rápido.
Esto pode parecer moi dificil de primeiras, pero co paso do tempo, intentando eliminar estes xestos, farédelo involuntariamente
9.- Xuntarse con xente lectora e investigar sobre libros fará que o teu interese pola lectura incremente notablemente, xa sexa mera curiosidade, ou ter un tema de conversa con esas persoas que devoran libros todos os días.
10.- Recorda que ler favoreceche en moitos aspectos que xa mencionei noutra entrada deste blog, así que se é algo positivo que non require moito tempo, por qué non levalo a cabo?
O Premio Cervantes, é o considerado máis importante da literatura en español. Todos os anos se entrega nunha cerimonia solemne cos reis presentes na Universidade de Alcalá de Henares o día 23 de abril, xa que é o día do libro e a súa vez o aniversario da morte de Miguel de Cervantes.
Creouse en 1976 de dende entón recibiron o premio os autores máis prestixiosos de fala hispana. O primeiro foi o poeta da xeración do 27, Jorge Guillén, e a última foi Ida Vitale, en 2018 (o premio é entregado o ano seguinte).
Ida Vitale naceu en Montevideo o 2 de novembro de 1923, e é poeta, tradutora, ensaísta, profesora e crítica literaria uruguaia, pertencente á Xeración do 45 e representante da poesía esencial.
Escribíu unha gran cantidade de poemas e estos son os máis importantes:
Fortuna
Neste poema, repasa a existencia da muller, grazas a unha historia que abre unha gran liberdade para calquer muller, simplemente, humana.
Misterios
O amor non se presenta coma un lume arrasador, senón que como unha graza, unha luz que se encende para ser testigo do que se comparte, do que se espera.
Exilios
Romper a raíz, transitar o camiño sen espello retrovisor, sentir o vértigo, temer a soidade... ese é o destino de quen sufre o exilio, de quen é empurrado á noite do desabrigo, da extrañeza.
Este mundo
Símbolos dun espacio propio, da construcción do ser, da súa habitación interna, da pertencia a sí mesma coma un acto de liberdade, son os que nos ofrece neste poema Ida Vitale. Deixemos que a súa voz nos invite a coñecer o mundo. Accidentes nocturnos
No silencio da noite, fan a súa entrada as palabras, traductoras da consciencia, dos medos, da propia fondura do alma. Ese espazo da noite no que todo cala é a oportunidade para a visita da palabra rumiante do noso interior, que só o silencia ante a música.
Un pintor reflexiona
Palabra e imaxen, poesía e pintura, un matrimonio antigo que se verbaliza neste poema, dende que se evocan as artes do pintor. Se por un lado, o escritor como José Saramago, na novela Manual de Pintura y caligrafía, reflexiona sobre os límites entre ambos, Vitale extende os pontes, continúa o lienzo nos ecos rítmicos da palabra que evoca cadros vivos na imaxinación.
Residua
A inquietude sobre o paso do tempo, sobre os deseos caprichosos da memoria, as veces vívida, as veces opacas, faise presente na obra da poeta. É a inquietude universal: ante o vivido, só parece quedar o vértice dunha estela primeiro espumosa e vibrante, logo o compás aberto que cede a súa vibración ata fundirse nun océano uniforme. Pero se algo queda, eso que queda, será o que chaman poesía? pregúntase Vitale.
Libro
Vitale preséntanos un canto ao esquecido, ao mal amado dos tempos modernos, ao que xa pouco se exhibe nas repisas dad casas, o libro.
Follas naturais
Unha folla é unha promesa sobre a que se constrúe memoria, sensacións. Elas, unto ao lápis, son o escenario onde se materializan os espíritus escondidos, en forma de palabra ou de debuxos, de trazos. Son elas a promesa de, un día, ser escoitados cando non teñamos voz.
A palabra
Vitale, ao igual que moitos poetas, non logra sustraerse a tentación de escribir sobre esta amante singular que é a palabra. Reflexionar sobre a palabra, o acto creativo mesmo, sobre o propio texto que se escribe e discute á vez, trátase dun exercicio de autorreflexividade estética, diría a investigadora venezolana Catalina Gaspar no seu libro A lucidez poética. Neste poema, surxe esa mirada.
Gotas
O poeta mira a vida, a observa manifestarse. Esta vez son as gotas que tocan, coa súa graza, á vida, que caen sobre os xustos e os inxustos, que deixan pegada nos cristais e deixan neles significados impresos. Qué dín as gotas?
A superación. As persoas que xa non están e as que están a piques de chegar.
As amizades que son familia. O cheiro a mar.
As caricias que fan temblar. As historias interminables dos avós. O sorriso de complicidade.
Unha parella de Agapornis.
O primeiro beso.
O amor incondicional.
Hay momentos, situacións, recordos e persoas que xamás terán fin.
Dunha maneira ou outra sempre estarán ahí.
Sempiterno
Este é o primeiro poemario que traio a este blog, e teño que dicir que encantoume este libro de Defreds. Sempiterno está dividido en varias partes: Nacer, Crecer, Sorrir, Chorar, Vivir, Soñar e Morrer, e tras todas estas partes, teremos pequenos poemas de multitude de sentimentos e emocións, cos que máis de un se identificará. Na miña opinión é un poemario que se debería ler e parécenme preciosos todos os textos, do primeiro ao último.
Jose Ángel Gómez Iglesias naceu en Vigo (Pontevedra) e sempre amou a lectura. Comezou escribindo cartas para os seus amigos e deuse a coñecer en Twitter. O nome de Defreds, surxíu porque estaban buscando el e o seu irmán un nick para poñerse, e xogando coas letras do ordenador surxíu o nome de Defreds, o cal lle gustou e decidíu deixalo así.
No mundo dunha lapa entre cinsas, desobedecer implica a morte. Unha das protagonistas desta historia é Laia, una rapaza que vive coa súa familia nun barrio pobre, pero seguindo as normas para non atopar o seu fin antes de tempo, pero cambiará cando se acuse ao seu irmán de traizón, e asasinen á súa familia, deixando vivo ao seu irmán, que o levan preso, e a Laia. Para salvalo, ela síntese obrigada a ir á resistencia para pedir axuda, e estos acceden a axudala se espía para eles na Academia Militar e cumprindo con esta misión coñece a Elias, o outro protagonista desta apasionante historia.
Elias é o mellor soldado do goberno, fillo da comandante e a súa vez, o que menos conforme está coas súas regras.
Laia é una escrava que só busca salvar ao seu irmán, e que pouco a pouco se verá obrigada a loitar para conseguilo.
Ambos buscan a liberdade, pero non poden conseguila sós, e só unindo os seus destinos, poden cambarlo todo.
Este libro pareceume fascinante, consegue que te emociones con cada palabra que les, que entres na tensión cando algún dos protagonistas está en perigo, faite notar unhas emocións moi diferentes en cuestión de segundos con todos os xiros que presenta a súa trama, sinxelamente encantoume.
Sabaa Tahir estudou na Universidade de California, e pasou a formar parte do equipo de redacción do Washington Post, onde peraneceu cinco anos. Despois desta tempada coma periodista, Tahir decidíu abandonar o Post e dedicarse á literatura.
É coñecida polo gran público grazas ao seu traballo dentro do campo da narrativa para xóvenes adultos, sendo unha lapa entre cinsas, a primeira parte dunha interesante triloxía, e a súa obra máis coñecida a nivel internacional. Unha lapa entre cinsas narra a historia de amor ao estilo de Romeo e Xulieta, pero ambientada na Roma Imperial.
Despois de numerosas entradas sobre libros, penso que é preciso un artigo sobre os beneficios que ten a lectura.
1.- Primeiro, e o que pouca xente sabe, é que incrementa a capacidade de concentración, xa que cando les un libro tes que concentrarte no que estas lendo para comprender adoitadamente a historia.
2.-Coñecemento de novas palabras.
3.-Estimula a empatía, xa que os lectores se identifican coas personaxes dos libros que len e métense en mundos onde xamais pensaron que estarían, xa sexan reais ou fantásticos.
4.- O feito de ler moito axudaranos á hora de facer exposicións orais ou de expresarnos en público, e non só nos axudará a escribir textos máis literarios.
5.- Para os estudantes, a lectura é un gran adestramento para os exames de comprensión lectora, e para as demais persoas o mesmo! Todo o mundo precisa entender os textos e esa é a oportunidade que nos brinda a lectura.
Hay moitos máis beneficios da lectura, pero creo que nomear eses cinco será suficiente para comprobar que ler é algo moi importante nas nosas vidas e que todos deberiamos ler algo, por pouco que fose.