O 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas.
Foi escollido este día pola publicación "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro, que ainda que non se sabe a data exacta da súa publicación, Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, que son tres membros da Real Academia Galega, escolleron este día pola dedicatoria autógrafa de Rosalia de Castro a Cecilia Böhl de Faber. A festa tivo tan boa acollida que cada ano se lle adica este día a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que ten que pasar dez ou máis anos dende o seu falecemento.
Este ano, adicouselle a Antón Fraguas, que naceu en Cotobade o 28 de decembro de 1905. Fundou en 1923 a Sociedade da Lingua para defender o galego e facer un diccionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia, entre outros de gran importancia en Galicia. Tivo numerosos recoñecementos en vida e o 7 de xullo de 2018, a Real Academia escolleuno para ser o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019, coincidindo co vixésimo aniversario da súa morte, xa que morreu o 28 de decembro de 1999 en Santiago de Compostela.
Leer é algo xenial, pero ao que pouca xente se aficiona xa sexa por falta de espazo, tempo ou silencio, pero ler un pequeno texto cada día, aínda que resulte insignificante, fará que pouco a pouco queramos adentrarnos máis neste mundo.
Aquí tedes algúns consellos para disfrutar da lectura:
1.- Ler libros con temas de interese persoal, non comezar lendo un libro por obligación, xa que se non nos gusta a historia que conta, é natural que non a rematemos e non volvamos a abrir un libro.
2.- Ter un lugar para ler, pode ser un parque, o xardín de casa, ou calquer outro sitio. No caso de non dispoñer de suficiente tempo para adicarlle á lectura, sempre poderemos empregar o tempo que pasamos no autobús para ler pequenos fragmentos.
3.- Ler poesía non é tan aburrido como se pensa, xa que é unha forma de aprender cousas e reflexionar sobre o que lemos, e en menos tempo que unha novela debido á súa curta duración.
4.- Facerte membro da biblioteca, se hai escaseza económica, será unha gran axuda ser socio da biblioteca de onde vivas para poder seguir disfrutando.
5.- Ter un diccionario sempre ao lado serviranos para aprender o vocabulario que se agocha entre tantas páxinas que compoñen un libro e que non comprendemos.
6.- Non te sintas obrigado a rematar un libro polo simple feito de gastar os cartos nel, sempre podes ler outra cousa se non che gusta!
7.- Non teñas presa por rematar un libro, se les un libro rapidamente, e a continuación repítelo con máis calma, daraste conta de detalles pequenos ou non tan pequenos que antes pasaras por alto, e que quizáis lle den un gran xiro á trama.
8.- Se o que necesitas é rapidez á hora de ler, tratar de non seguir cun dedo ou un obxecto por onde vas lendo, non mover os labios cando les para ti ou tratar de non repetir o que les na túa cabeza axudarache a ler moito máis rápido.
Esto pode parecer moi dificil de primeiras, pero co paso do tempo, intentando eliminar estes xestos, farédelo involuntariamente
9.- Xuntarse con xente lectora e investigar sobre libros fará que o teu interese pola lectura incremente notablemente, xa sexa mera curiosidade, ou ter un tema de conversa con esas persoas que devoran libros todos os días.
10.- Recorda que ler favoreceche en moitos aspectos que xa mencionei noutra entrada deste blog, así que se é algo positivo que non require moito tempo, por qué non levalo a cabo?