
A historia abarca uns cuantos anos, durante os cales a familia do construtor se verá atrapada no medio dunha loita de poderes entre cardeais, reis e nobres provocada pola morte do rei de Inglaterra; que farán o imposible por impedir que se constrúa a catedral.
Esta novela histórica pode resultar dura de ler se non che gustan este tipo de libros, pero igualmente ten unha historia impresionante que atrapará de principio a fin a calquera se se anime a leela, e ainda que nalgún momento comence a narrar a construcción da Iglesia, rapidamente volve á historia e te mantén pegado ás páxinas do libro.
É un libro largo pero que se disfruta lendo, e cando estas chegando ao final dá pena seguir lendo por medo a terminar unha historia tan apasionante, para min é un dos mellores libros que lin nunca.
Ken Follett naceu en Cardiff, mais aos dez anos a súa familia trasladouse a Londres. En 1967 foi admitido no University College of London, onde estudou Filosofía e entrou en contacto con movementos de esquerdas, espertándose así o seu interese pola política.
Foi neste momento cando comezou a escribir, como unha afección para o seu tempo de lecer. Con Eye of the needle, publicada en 1978 chegaría para o autor o éxito e o recoñecemento internacional.
Sería tamén nestes derradeiros anos da década dos 70, e nos primeiros 80, cando se uniu de xeito máis estreito co Partido Laborista británico. A súa segunda muller é hoxe deputada desta formación no parlamento británico.