jueves, 28 de febrero de 2019

Timantti - Rebeca Stones

Resultado de imagen de timantti portadaTimantti, nome do libro e da protagonista desta historia, é a filla de dous espías que foi adestrada polos seus pais dende moi pequena para que seguise a tradición familiar.
Por causa dunha misión, os pais da nena vense obrigados a deixala nun orfanato de Australia, e Timantti experimentará cousas novas que nunca antes sentira, como o amor, e grazas á súa compañeira de habitación tamén aprenderá moitas cousas.
Todo transcurre ben nos primeiros días, pero chega un punto no que hai algo fora do común nese orfanato, e Timantti, ou Daniela que é o seu novo nome durante a súa estancia alí, non tardou en darse conta e comezar a indagar para descubrir a verdade, unha verdade que carrea un gran xiro na súa vida, e a decisión de afrontar este cambio quedará nas mans de Timantti.

Debo dicir, que pese a que este libro foi escrito por unha rapaza que destaca polo seu contenido en YouTube, non son seguidora súa e lin este libro porque a trama interesoume, así que a miña opinión non será positiva por ese motivo, pero o certo é que a mín encantoume o libro, ten unha boa historia que de primeiras non parece ser nin a metade de entretida do que verdadeiramente é. Recomendo o libro a todas aquelas persoas que lles guste o amor, o misterio, ou simplemente lles guste pararse a reflexionar sobre a vida, xa que o libro ten moitísimas frases que se as pensamos ben, teñen máis do aparente significado no medio de tantas outras frases. Se cadra, o final non foi como me houbese gustado, xa que houbo capítulos que considerei innecesarios, pero a pesar diso é moi boa historia  e de feito animoume a seguir lendo libros desta rapaza.

Imagen relacionadaRebeca Stones ten dezaseis anos (no momento en que escribe esta historia) e naceu en Vigo, cidade da que está terriblemente namorada.
Foi acompañada da súa creatividade dende moi cativa e as súas ansias por crear empuxárona a encher centos de libretas con historias extraordinarias. Aos dez anos Rebeca abríu o seu primeiro canal de YouTube, que conta con 600.000 seguidores cando publica este libro.
Rebeca Stones considérase amante de todas as artes, pero a súa favorita sen dúbidas a sétima.
Tras cinco anos nunha escola de teatro e despois da súa primeira experiencia como actriz en Dalia, a modista, o seu gran sono é traballar na gran pantalla, pero por riba de todo desexa ser feliz, sonreír ante as adversidades e disfrutar deste marabilloso mundo.


viernes, 15 de febrero de 2019

Baixo a mesma estrela - John Green

Onte, 14 de febreiro, foi o día dos namorados, e por iso, hoxe falarei sobre un libro cunha fermosa historia de amor: Baixo a mesma estrela.

Resultado de imagen de bajo la misma estrella libroSegue a vida de Hazel Grace Lancaster, unha adolescente que padece cáncer de pulmón e que un día se namora de Augustus Waters, un rapaz que había anos, fora diagnosticado de osteosarcoma e iso causoulle a perda da súa perna izquierda. Os dous rapaces se fan amigos e como aos dous lles gusta ler, van entablando una amizade máis forte que se acabará convertindo en algo máis, que vai cargado con moitísimas sorpresas para Hazel, xa que Augustus, cando decide ler o libro favorito de Hazel (cabe dicir, que ela tamén le o libro favorito de Augustus), planea un viaxe a Ámsterdam para visitar a Peter Van Houten, que é o autor do libro favorito da rapaza, e aínda que foi con moi boa intención, non terminou da maneira que desexaron.

É de dicir, que este foi o primeiro de moitos libros que me fixeron pasar das lágrimas ás gargalladas en cuestión de segundos, xa que é unha historia fermosa que ainda que a moitos lles pareza que trata o tema do cáncer, realmente é unha novela de amor entre adolescentes, mostrándonos como estes dous rapaces viven a vida con esperanza e humor pese á súa situación.
Ben pode parecer a típica historia chea de estereotipos como o son moitas historias de amor, pero non é o caso, pero eso xa o descubriredes se ledes o libro.

Ao igual que diverxente, tamén conta cunha película, e aquí tedes o trailer:



John Green
Resultado de imagen de john greenNaceu en Indianápolis en 1977 e se graduou en lingua e literatura inglesas e teoloxía no Kenyon College. Tras iniciar a súa carreira no mundo editorial como crítico e editor, foi galardoado co Premio de honor Printz e o Premio Edgar polas súas diversas novelas para o público xuvenil. Tamén foi finalista do Book Prize do LA Times. Xunto ao seu irmán, fundou o Vlogbrothers, un dos proxectos de vídeo online máis populares do mundo.


Os Alicerces da Terra - Ken Follett

Nos Alicerces da Terra, Ken Follet transpórtanos á Idade Media e cóntanos a historia dunha familia liderada por un mestre construtor chamado...